24 de noviembre de 2005

Selección Galega ¿Xa?


Antes de que xornalistas de aquí e de acolá (¿!?) nos lancemos a soltar frases grandilocuentes sobre a importancia da creación da selección galega de fútbol, convén lembrar que non é a primeira vez que Galicia defende as súas cores no balompé. Pensaredes que os da imaxe non teñen moita pintiña de galegos. É certo, pero tal e como andan as cousas no mundo do fútbol o importante é que alguén defenda a túa camisola. O equipo de arriba participou no 50 aniversario da Liga Española de México. E non vos pensedes, non foi mal a cousa. Na categoría de maiores, quedamos de segundos ó caer derrotados na final ante o Tuyehualco por dous a catro. E iso que na liguiña previa estivemos por riba deles. A presión da final puido connosco. Na chamada categoría libre, loitamos polo terceiro posto fronte ó OBD, pero o partido aínda non se debeu xogar porque o resultado aínda non apareceu reflectido. A fotografía de arriba é a da final dos veteranos. Na de abaixo hai un bigotes infiltrado do Real Madrid.

2 comentarios:

  1. Lo de la selección gallega es simplemente lamentable.

    ResponderEliminar
  2. Hai moitos anos que un colectivo importante de xente vén reclamando a creación da selección galega. E estou con eles. É algo meramente simbólico e aí está o seu valor. Outras comunidades teñen selección e non pasou nada.

    ResponderEliminar

Compartir