Vilagarcía deulle hoxe a Quintana o que parece que lle negou onte Allariz.
Posiblemente o mellor mitin do que levamos de campaña, cando menos de ambiente. Deixo a caravana -o bus, que parece que non está pensado para os xornalistas de radio e que hoxe me deixou tirado- e seguirei este camiño por Galicia no C4, que me leva a onde, e sobre todo cando, quero ir. Mañá 'tocamos' en Vigo a mediodía e en Carballo á tarde. Estes percorridos non deixan de sorprenderme.
Mientras tu estás de campaña dándolo todo, yo me voy al carnaval gaditano. Qué injusticias tiene la vida. Habrá que solucionarlas votando ¿no? :P
ResponderEliminarA verdade é que as campañas non deben ser atractivas para os xornalistas. Supoño que son, as máis das veces, unha repetición incesante de catro ideas básicas... que se quere cheguen ao maior número de persoas. En fin, espero que polas beiras da mesma atopes algo máis brillante que a campaña en sí...
ResponderEliminarPor certo, xa somos dous Carlos que comentan, de cando en vez, as cousas do teu blog... imos ter que añadir algunha marca para diferenciarnos (jeje...)
Carlos. A Coruña.