14 de febrero de 2009

Autonómicas 2009: acabarán comigo

Xa estou empezando a arrepentirme deste compromiso de escribir algo, dúas liñas cando menos, ó rematar a xornada electoral. Como as promesas dos políticos sexan así...
Hoxe tocou A Coruña -como primeira excursión non estivo mal- e As Pontes. De camiño adiantounos un autobús coa imaxe de Feijóo. Na Coruña, as dúas caras da moeda: toque humano co chiste do neno (non hai nada como os gusanitos gigantes para telos entretidos) e amago de desastre co infiltrado que lle reprochou publicamente a Anxo Quintana os bailes cos maiores. Nas Pontes, frío; moito frío. E o que queda por diante... O sábado: Baio-Pontevedra-Tomiño. E o domingo: Burela-Allariz. E a pregunta: a quen se lle ocorriu estes percorridos? Van acabar comigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Compartir