15 de febrero de 2009

Autonómicas 2009: desde Allariz

O domingo, en Allariz. Chegar aquí desde Burela supuxo unha estrana viaxe que nos levou a A 6, de aí a AP 9, ata chegar o berce político de Anxo Quintana.
Por que? Non o sei, pero sigo pensando que vir por Lugo tería sido moito mellor. Logo de varios días de campaña, xa descubrín iso que poderiamos denominar o kit nacionalista: o que debe ter calquera concello no que o BNG forme parte do Goberno local. Isto é: galescola, centro de día e local de ensaio para novos grupos de novos. Se o Concello é cidade deberiamos engadirlle un centro Quérote. Pasan vinte minutos das dez da noite, seguimos en Allariz e non deixo de pensar no traballo que aínda temos por diante. Mañá, de novo á Coruña e a Vilagarcía, á tarde. Pero iso será xa, agardo, no meu coche. Seguiremos informando.

3 comentarios:

  1. Anónimo6:19 p. m.

    Ao kit podían engadir un ventilador para a próxima. Case morro de sofoco!

    ResponderEliminar
  2. Pasa deles e vai no Castromil

    ResponderEliminar
  3. Anónimo9:25 p. m.

    se te aburres preguntalle a quim
    se sabe algo de sogama e logo no lo contas
    carlos

    ResponderEliminar

Compartir