Selección Galega ¿Xa?

Antes de que xornalistas de aquí e de acolá (¿!?) nos lancemos a soltar frases grandilocuentes sobre a importancia da creación da selección galega de fútbol, convén lembrar que non é a primeira vez que Galicia defende as súas cores no balompé. Pensaredes que os da imaxe non teñen moita pintiña de galegos. É certo, pero tal e como andan as cousas no mundo do fútbol o importante é que alguén defenda a túa camisola. O equipo de arriba participou no 50 aniversario da Liga Española de México. E non vos pensedes, non foi mal a cousa. Na categoría de maiores, quedamos de segundos ó caer derrotados na final ante o Tuyehualco por dous a catro. E iso que na liguiña previa estivemos por riba deles. A presión da final puido connosco. Na chamada categoría libre, loitamos polo terceiro posto fronte ó OBD, pero o partido aínda non se debeu xogar porque o resultado aínda non apareceu reflectido. A fotografía de arriba é a da final dos veteranos. Na de abaixo hai un bigotes infiltrado do Real Madrid.
Lo de la selección gallega es simplemente lamentable.
ResponderEliminarHai moitos anos que un colectivo importante de xente vén reclamando a creación da selección galega. E estou con eles. É algo meramente simbólico e aí está o seu valor. Outras comunidades teñen selección e non pasou nada.
ResponderEliminar