Que marcho de campaña. Como nas dúas anteriores eleccións galegas, seguirei ó candidato do BNG alá onde vaia nos vindeiros quince días.
O bo do asunto é coñecer o país, que diría Anxo Quintana, e desconectar da rutina habitual do traballo na radio. O malo é non poder levar a Trufa comigo. Tratarei de que este percorrido tamén teña traducción en El Túnel, máis alá da información en sentido estricto, que xa terá espazo abondo nos medios tradicionais. Hoxe a cousa comezou cun pequeno cuestionario de carácter persoal ó candidato, que se poderá escoitar mañá á tarde nas emisoras da SER en Galicia, e cunha comparecencia sobre a policía galega. Só lle falta o nome, digo eu. Así que se admiten propostas.
Buenooo! Pues mucho ánimo para la campaña y que te sea leve
ResponderEliminarEstou espesa: o nome a que?? No hai de qué. Lo pongo porque es una página interesante de verdad que sigo siempre. Me llega con que hables de mi en el mundo periodístico. Preséntame como Andreia, licenciada en periodismo eléctronico y cursando un super master que te cagas (por poner un ejemplo).Besos. Tenemos que quedar
ResponderEliminarPoligal? como temos Culturgal, Festigal ou Futgal...
ResponderEliminarPoligal parece dos GAL. Galipoli?
ResponderEliminarHome, non é por ser pedante, pero POLIGAL é unha empresa de Narón, cun material tan apaixoante como o polipropileno... Vós veredes... Boa campaña!!
ResponderEliminarSWAT Quintana's men. A galician power????
ResponderEliminar