25 de febrero de 2009

Quintana cumpre anos na recta final da campaña das autonómicas

Quintana baila na campaña electoral. Fotografía: AGN
Xa queda menos. Hoxe é o antepenúltimo día de campaña das autonómicas galegas de 2009. E tocamos na casa, na miña, claro está.
Empezamos a notar cansazo e iso tamén se traduciu en menor actividade neste diario de campaña. Esta mañá Quintana bailou cos novos -para que despois digan que só baila cos vellos- e hai que admitir que non o fixo nada mal, sobre todo se temos en conta que a música -mestura de sons tradicións con ritmos de vangarda- non o poñía moi fácil. O día, en todo caso, foi raro. Espertamos coa nova do falso accidente de coche do candidato -aínda non sei exactamente como se colou iso- e despois vimos nos xornais a imaxe de Quintana no iate dun coñecido empresario. Demasiadas emocións para un só día. Será que non tódolos días se cumpre un medio século.

2 comentarios:

  1. E que che parece o da foto? E que che parece a foto? E o cabreo de Quintana? E, sobre todo, que se di de todo iso na caravana?

    ResponderEliminar
  2. Esperemos que el domingo baile, pero de rabia po rhaber perdido las elecciones.


    PD. Sigue la guerra sucia: ya me ha llegado el típico sms antiPP...lamentable

    ResponderEliminar

Compartir