Pegada de carteis. O de pegada é un dicir porque a vella imaxe dos políticos coa cola, a vasoira e o muro pasou á historia.
As novas tecnoloxías mandan. Anxo Quintana escribiu a man, pero de xeito virtual, un dos lemas da campaña nunha pantalla xigante. O discurso, curto, mesmo estrañou a un dos 'fontaneiros' do Bloque. O ambiente, algo frío. Os dirixentes xogaron a conservador (?), espazo cuberto, pero a noite non deixou chuvia. Mañá, dentro de poucas horas, comeza a viaxe. A onde? á Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario