3 de marzo de 2009

Feijóo presidente

A experiencia piloto de Núñez Feijóo. Fotografía: Marcos Sanluis
A victoria do PP e de Núñez Feijóo é incuestionable: con máis participación, con maioría absoluta e cun importante aumento de apoios nas cidades.
Pero a derrota do bipartito tamén é incuestionable. O electorado castigou o goberno de dous, o escaso pulo ó cambio, o gusto pola ostentación e o afastamento da realidade. Touriño pagou cara a súa soberbia e a súa falla de liderado. A súa campaña é o reflexo da súa acción de goberno: presidencialismo e pouco máis. O xa ex secretario xeral do PSdeG desbotou a súa principal arma: as siglas. Quintana sofre hoxe a derrota de onte. En 2005 o BNG rexistrou un importante descenso de apoios ó pasar de 17 a 13 escanos. O feito de entrar no goberno eclipsou totalmente ese dato que os nacionalistas pretendían mellorar rendibilizando o seu paso pola Xunta con áreas de goberno tan pegadas á xente como Benestar ou Vivenda. Lonxe diso, perdeu un escano. Quintana colleu o BNG con 17 deputados e déixao -aínda non- con 12. O Consello Nacional decidirá o seu futuro. Galicia case non lle dá oportunidades á esquerda e, para unha que ten, desaprovéitaa. Na noite electoral dicía alguén do equipo de Touriño que o país non estaba preparado para este goberno. Quen non estaban preparados eran eles.

A imaxe foi tomada na Illa de Arousa.

2 comentarios:

  1. En Galicia la mayor parte de la gente es de ideas de derechas (guste o no) y para eliminar a un Gobierno de ese pensamiento tiene que pasar algo gordo que sea considerado "voto de castigo" para el PP como fue lo del Prestige. Pero 4 años después las aguas vuelven a su cauce porque un bipartito es imposible que gobierne bien.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo8:20 p. m.

    Me queda un sentimiento agridulce después de estas elecciones...


    ...agrio, muy agrio por ver al PP ahí arriba...que ascazo me dió ver al Mariano y a 50 retrasados con camisa de Pedro Hierro en Madrid...gritando "Galicia es del PP"....

    ...dulce, muy dulce ver al BNG fuera del gobierno...harto de sus mierdas...de sus galaescolas, de su nuevo gallego, de su nacionalismo inventado...

    Así acaba Moncho Borrajo (que no me gusta, ni siquiera me cae bien, pero la frase viene al pelo para definir lo que pensamos muchos del BNG) una de sus actuaciones:
    "Gracias para los españoles, graciñas para los gallegos, grazas para los del Bloque"

    Saludos.

    ResponderEliminar

Compartir