2 de diciembre de 2008

De Galicia, Nunca Máis e a marcha dos paraugas

Quen pode esquecerse do "día épico" no que "cumpriu a encomenda do seu himno e espertou do seu sono"? Galicia.
Onte foi 1 de decembro. Había seis anos da marcha dos paraugas en Compostela e o aniversario pasou desapercibido. Admito parte de culpa. Hoxe, cando caín na conta, fun directo ó libro de Xurxo Lobato (No país do Nunca Máis, editorial Galaxia, 2003) a repasar as fotografías daquela xornada, e doutras. E parei a vista nun texto que aínda non lera. É do xornalista Ernesto Sánchez Pombo e fala do 1 de decembro: (...) "O día en que a sociedade civil reaxiu contra a desgracia, o desastre e a ignonimia e veu poñerse definitivamente en pé para crear un país distinto, cheo de coraxe e cheo de razón. Dicir 1 de decembro é apelar á valentía, ao rexurdimento, á herocidade. Dicir 1 de decembro é lembrar as xentes de toda Galicia ateigando as rúas de Santiago para comunicarlle ao mundo enteiro que esta terra existe, que non acata a fatalidade nin a humillación, e que está disposta a loitar polo seu futuro e pola súa dignidade. Dicir 1 de decembro quere dicir centos de miles de galegos reclamando vida. (...) De agora en diante, dous adverbios contrarios estarán a formar parte do acervo histórico da nosa terra. Un é o sempre de Castelao. Outro é o nunca do movemento que hoxe se premia. Eu quero unilos. Para dicir: Que Nunca Máis queda para Sempre en Galiza". Que así sexa.

3 comentarios:

  1. Ole, ole y ole (sin apelar al espíritu nacionalista español que estoy harta de que nos relacionen a todos los españoles con eso)

    ResponderEliminar
  2. Anónimo4:54 p. m.

    cada dia eres mas inconsecuente con tu pensamiento, pues lo que escribes no tiene nada que ver con tu realidad.
    actua en consecuencia y deja de escribir para la galeria

    ResponderEliminar
  3. Es tu opinión. De todas formas, si no concretas más, es imposible que sepa a qué te refieres.

    ResponderEliminar

Compartir