Tralas interesantes declaracións do presidente do Tribunal Supremo, Francisco José Hernando, sobre as sevillanas, o catalán e as proxeccións positivas, El Túnel abre unha nova enquisa que co tempo substituirá o polémico tema do avatar: Pensas que o galego ten unha proxección positiva noutros aspectos da vida?.
Podes contestar na columna da dereita entre as seguintes posibilidades:
1.- Non, é mellor bailar sevillanas.
2.-Si, menos para falar ante o Supremo.
3.-Home, por un lado si, pero polo outro non.
Calquera outra resposta que non estea incluída nesta enquisa pode ser achegada no apartado de comentarios pero non terá efectos estatísticos, o cal sería unha putada.
Eu quedome coa terceira resposta.
ResponderEliminarE mui galega e mui verdadeira.