Amencer no porto da Coruña. Fotografía: Marcos Sanluis |
Esaxero cando digo que me gustaría ser o Pichi Varela da SER. Envexo a ese home que percorre estradas e corredoiras para achegarlles ós seus oíntes o que está a acontecer desde o lugar no que, efectivamente, ocorre.
Estes días ando un pouco de Pichi Varela pola vida. Podo tomar un café con camioneiros nunha estación de servizo de Guitiriz, falar con piquetes na entrada dun polígono industrial ou madrugar para asistir á discusión entre praceiras e armadores. Gústame cando podes narrar a vida mentres amence un novo día; cando “a pie de asfalto el sol cae a plomo”; cando a tía de miña nai, que vive en Sevilla, me escoita falar dunha gaivota. Gústame falar das cousas que pasan e non tanto das cousas que alguén di que pasan. O malo do asunto é que non son Pichi Varela. Gozo coa profesión cando a alguén lle vai mal: armadores, transportistas ou mariñeiros. Nunca tantos cartos gañei na miña vida como cando se afundiu o Prestige. E nunca tanto gocei co que fago. O drama dos demais é a miña satisfacción profesional. E esa sensación é o meu desconcerto.A fotografía foi tomada ás 6,30 desta mañá no Porto da Coruña
Todo o mundo me di que hai que pensar en positivo.... por unha vez vou a ser eu a que o diga.... Todos eses desatres, penurias, problemas ían ocorrer igual... a diferencia estriba en que ti estas ahí para contarnolo, e precisamente por facelo coa satisfacción de disfrutar co teu traballo, chegan a nós, os ointes, a outra cara das noticias, a realidade de quen as padece día a día.
ResponderEliminarCreo que levas razón. Pero como todo na vida, esta realidade é ambivalente: Por unha banda, eu creo que se pode "gozar" dando as noticias "en quente", e eu doulle o valor positivo que creo que ten. Pero por outra, esa realidade ten aspectos negativos, ou a lo menos así son percibidos por unha parte da sociedade. Explico isto con un exemplo: Fai unhos días propuxen a un grupo de ética que traballa nunha empresa, a entrada dun periodista no grupo, pois conviña que estivera neste unha persoa allea a empresa. Pois ben, aínda que eu comentei que había que presuponerlle a esta persoa unha ética personal e profesional, que lle impediría vulnerar o deber de confidencialidade que teñen todos os membros do grupo, a maioría dos membros non viron ben a incorporación dun periodista. Incluso se escoitou que era como "meter ao lobo coas ovellas". E é que, como dixen antes, toda realidade é ambivalente... o "gozo" de informar e opinar por unha banda... e a desconfianza que isto mesmo xenera á hora de participar en certos aspectos da sociedade civil...
ResponderEliminarCarlos. A Coruña.
Iso da confidencialidade é o que os xornalistas chamamos off the record. Mágoa que se teña esa imaxe de nós.
ResponderEliminarAfortunado, que che deixan tomar cafés con eles. Outros saen un pouco escaldados de ser Pichis:
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=QgzUsKBI8Ys
Ti non es o que pode cambiarlles os seus problemas, só o altofalante que usan para que o oia quen o teña que facer.
Esa é a contradicción da vida, non só os periodistas vos aproveitades do mal alleo, hoxe todos os facemos se esto implica o logro profesional.Imos asoballando pola vida... aunque esto implique a mermación persoal.
ResponderEliminarGrande Pichi Varela. Yo de mayor también quiero ser como él.
ResponderEliminarNon sei se algún de vos é xornalista. O que si sei é que tedes moita capacidade para manipular frases sacadas de contexto. A bo entendedor......
ResponderEliminar