Na era Fraga era habitual ver polas autoestradas galegas -perdón, pola autoestrada- Xantias e XM de cor escura. Eran, agás excepcións, coches da Xunta. Nos primeiros viaxaban directores xerais e delegados provinciais, e nos segundos conselleiros. Malia que aqueles automóbiles, polo que sei, non se fabricaban en Vigo, aquela elección era o apoio simbólico do goberno galego á marca que mantiña unha factoría en Galicia.
Lembro tamén da etapa de estudiante o BX de Beiras aparcado na praza de Mazarelos de Santiago, diante da Faculdade de Ciencias da Información; lugar no que, por certo, non deberían permitir -supoño que xa non se fará- o estacionamento de vehículos. Esta mañá Quintana e Táboas chegaron á Coruña con cadanseu C6, nun claro contraste co Audi de Touriño; ese que Feijoo denominou o 'coche fantástico'. Así que, tendo en conta o nivel que alcanzou o debate político en Galicia e por non quedar alleo a un asunto de tan fondo calado, propoño abertamente máis Citroën e menos Audi. A plusvalía non quedará na casa, pero cando menos darémoslla a quen dá de comer a milleiros de familias na comarca de Vigo. E o coche ben bonito que é.
Non terás ti outro motivo menos solidario e máis oculto para apoiar a citroën...jijiji, é coña.
ResponderEliminarXanthe