7 de abril de 2006

De Javier Losada y Francisco Vázquez

Dúas semanas despois de ser investido como alcalde da Coruña, Javier Losada tomou unha decisión. Unha decisión "meditada, pensada, justa y ecuánime", dixo.
Non sei se dúas palabras por concepto é por exceso de sinónimos ou por falla de conceptos. A súa decisión é de tan fondo calado que decidiu reunir a Xunta de Goberno en sesión extraordinaria. Se cobrasen dietas por acudir a este encontro, algún xa estaría pensando mal. Losada comunicoulles ós concelleiros que proporá que Francisco Vázquez sexa declarado fillo predilecto da cidade e reciba a medalla de ouro do Concello. Un pensaba que Paco xa tiña tódalas medallas, insignias e recoñecementos. Seica non. Con ton grave, Losada quixo sentenciar: "el paso de los años lo pondrá en su lugar". Que así sexa.

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Total o das "dúas palabras por concepto". Debe ser que o peso da púrpura comeza a facer estragos no vocabulario do señor Losada. Terminará falando como un político decimonónico, "dilectos conciudadanos de la ubérrima capital herculina"?

    ResponderEliminar

Compartir