22 de abril de 2007

Do voto emigrantes

O debate sobre o voto emigrante acaba de entrar na fase que moitos galegos agardabamos.
Jorquera, primeiro, e Pepe Blanco, despois, veñen de dicir en voz alta o que moitos pensabamos: que é ilóxico que un neto de galego emigrado, que nunca estivo en Galicia, que descoñece esta realidade e que seguramente tampouco ten moito interese nela, poida decidir se é Javier Losada, Henrique Tello ou Carlos Negreira quen goberna A Coruña, por exemplo. Este é o debate. Porque ten razón Touriño cando di que hai que garantir o voto en urna, pero é de tal obviedade democrática que xa non merece máis comentario. A proposta semella sensata: que os emigrantes voten nas xerais e que se reserven algúns escanos (disque dous ou tres) no Congreso para os representantes deste colectivo. Corremos, sen embargo, un risco. Porque, non nos enganemos, cando Fraga, Touriño ou Quintana van á emigración non o fan co ánimo de saber que lles pasa ós galegos no exterior. Van coa única intención de recadar votos. Que será deles cando xa non poidan votar? Quen se acordará das súas necesidades? Dado que o debate está aberto, fago tamén a miña proposta para Galicia: a creación do Valedor do Emigrante. Non se trata dun cortizo-caza-votos, senón dunha figura independente, elixida por dous terzos do Parlamento e que teña como misión esixirlle á Xunta políticas que atendan a este colectivo. Ogallá haxa máis propostas, seguramente mellores ca esta. Cando menos, o debate está aberto. E vai na boa dirección.

12 comentarios:

  1. Entendo as boas intencións sobre un valedor do emigrante, pero podo decir que a labor galega na diáspora é penosa, moi penosa e ese posto viría a ser o mesmo que o de secretarío xeral da emigración, quen a efectos prácticos o único que fai é adicarse a inaugurar exposicións, xantar con empresarios e nada máis. E as partidas económicas para esa labor son impresionantes...

    Eu non quero un valedor do emigrante para seguir desvalida e con cartos públicos mercar os cadros da súa prima que pinta unhas horrendas acuarelas que van de Centro galego en centro...

    Penso que a solución é máis complexa.

    ResponderEliminar
  2. O Valedor do Pobo, que se saiba, non se dedica a inaugurar exposicións, xantar con empresarios e mercar cadros. ¿Por que non sería posible unha figura similar para a emigración?

    ResponderEliminar
  3. Anónimo12:21 p. m.

    Sanluis estoy de acuerdo contigo
    en lo del voto emigrante.Pues estoy de acuerdo que a los politicos solo les interesa el voto
    y una vez obtienen este si te he visto no me acuerdo. Por favor no les des ideas, que un nuevo cargo son cartiños para o peto e non para
    a emigracion

    ResponderEliminar
  4. Porque do que sucede fora aquí non nos enteramos e do que aquí acontece nada saben por aí.
    A intención é boa, a teoría tamén pero non creo na posta en práctica. Alucinarías se souberas cómo se xestionan os cartos públicos fora... pero por pedir eu tamén me sumo a esa proposta...

    ResponderEliminar
  5. Completamente de acordo.
    É máis, non entendo moi ben por que teñen que votar os netos dos que se foron de aquí, sinceramente.Nin un diputado nin medio.

    ResponderEliminar
  6. Completamente de acordo.
    É máis, non entendo moi ben por que teñen que votar os netos dos que se foron de aquí, sinceramente.Nin un diputado nin medio.

    ResponderEliminar
  7. Marcos:

    Atención ó punto 4 do apartado de emigración do programa electoral do PSdeG das autonómicas de 2005:

    1. Establecer un marco legal específico que garanta o pleno recoñecemento de
    dereitos civís e políticos dos emigrantes, así como a garantía de cobertura de
    bens e servizos públicos como o resto da cidadanía galega.
    2. Crear en colaboración co Estado e co conxunto das forzas políticas, —no
    marco do debate da modificación da Constitución e do papel do Senado como
    cámara territorial —, de circunscripcións electorais no exterior a fin de garantir
    ós emigrantes o dereito a elixir os seus propios representantes gañando
    así capacidade política e representativa nas cámaras de representación da
    soberanía popular.
    3. Propoñemos as modificacións lexislativas pertinentes para permitir o
    exercicio do voto emigrante en colexios electorais no exterior, en condicións
    de igualdade e de liberdade equiparables ás existentes na Galicia peninsular.
    4. Crear a figura do Valedor do Emigrante como comisionado do parlamento de
    Galicia para a defensa dos dereitos fundamentais e liberdades dos emigrantes
    galegos, da súa dignidade individual e colectiva e dos seus dereitos sociais e
    laborais.
    5. Incentivar o retorno de mozos galegos emigrados, por causas laborais, a
    outras comunidades autónomas. Fomentaremos e incentivaremos o retorno
    dos fillos e netos de galegos, procedentes da emigración histórica, que desexen
    retornar á Patria dos seus devanceiros.
    Medidas

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  8. Anónimo8:37 a. m.

    tiene razón Marcos cuando indica que el VALEDOR DO POBO NO se dedica a comer con los empresarios... eso lo hacen otros, y NO TIENE NADA DE MALO: eso sirve para crear acuerdos de colaboración entre países y mejorar las relaciones económicas, así como abrir puentes para la economía gallega ( o se cree mrs. doyle que esta cosas suceden por azar cósmico?)

    ResponderEliminar
  9. Anónimo12:56 p. m.

    Querido Marcos, sei de boa tinta que eres amiguisimo de Angela Fernandez. Hei de dicir que me trae tolo. Coincidín con ela nun par de ocasións, pero non a volvín a ver. angela, se estas a ver isto, cecais creas que o amor ainda existe. Amote

    ResponderEliminar
  10. A cousa está compricada, máis aínda cando os gobernantes (cos ollos nos votos) non saben qué é o mellor para o seu peto, se continuar contando cos "netos de emigrantes" ou pola contra cortar polo sano.
    Eu, realmente penso que non se deberían de contar con eles, 1) por non saber nada do que acontece aqui, 2) porque realmente creo que nin lles interesa a eles, a non ser que teñan un amiguismo político.

    ResponderEliminar
  11. Grazas pola información Fernando. Agora só falta que o poñan en práctica.

    ResponderEliminar
  12. Anónimo5:09 p. m.

    Anónimo, supongo que lo sabrá después de más de dos años y medio sintiéndolo.

    ResponderEliminar

Compartir