9 de octubre de 2006

CRTVG: Servizo público?

Algúns agardabamos, e seguimos agardando, do cambio de goberno algo máis ca un cambio de persoas.
Como dicía Anxo Quintana na campaña electoral, "non queremos un cambio de 'quítate ti que me poño eu'; queremos un cambio de verdade". Alguén podería pensar que ese "cambio de verdade" se está a producir, por exemplo, na CRTVG. Certo é que agora os telexornais son máis plurais, que hai debates (!), que se está a facer un esforzo por achegar programación de máis calidade e que mesmo se cambiou iso que alguén deu en chamar a imaxe corporativa. Pero no tocante á política laboral e económica, a CRTVG está aplicando aquilo que dicía o amigo Quintana de 'quítate ti que me poño eu'. A realidade é que os progresistas (?) completarán a privatización das delegacións da TVG iniciada polas Xuntas do PP. Un exemplo: a delegación da Coruña desaparece e a producción informativa desta cidade será mercada (literalmente) á productora de televisión dependente de La Voz de Galicia. É este o servizo público de calidade que nos ofrecen aqueles que militaron no PCE, que militan no PSOE ou no BNG? O caso do persoal das delegacións merece un comentario á parte: a CRTVG, en tempos do PP, 'fichou' a ducias de profesionais, pero non os contratou directamente, senón a través das productoras. A nova dirección da compañía, en troques de facerlles xustiza e incoporalos cos mesmos dereitos cós seus compañeiros, non os recoñece como traballadores da TVG, polo que son claramente marxinados nas puntuacións que reciben nunha listaxe que ninguén semella saber realmente para que é. O peor de todo isto é o silencio, o silencio cómplice de toda unha profesión insolidaria que mira para outro lado, que non é quen de dar un paso ó fronte, que cala. Dicía unha compañeira, hai ben pouco, que pasamos a nosa vida profesional defendendo coas nosas informacións a traballadores de tódolos sectores, mentres lles damos as costas ós nosos compañeiros; a estes da TVG ou a esoutros que cobran miserias e traballan dez ou doce horas, a aqueles que na práctica son asalariados pero son contratados coma se fosen autónomos. (Cala, Marquiños, cala. Non vaia ser que te quiten a ti para que se poñan eles).
Máis información, aquí.

7 comentarios:

  1. Debo ser moi escéptica porque penso que os esforzos son insuficientes. Sigo pensando que a "radiotelegaita" deixa moito que desexar...

    Non tiña nin idea da situación laboral dos traballadores (o cal me indigna máis), matizo: a situación dos curritos porque as nóminas dos directivos seguramente son de escándalo.

    Unha vez máis temos un exemplo das ansias de poder que tiñan algúns que non teñen reparos en cantar a internacional, erguer o puño e levar estrelas vermellas nas solapas...

    Non podo expresar o noxo que sinto...

    ResponderEliminar
  2. Pero que se puede esperar de una television en la que la "voz cantante" la lleva desde hace tanto tiempo un programa del tipo "Luar". Se han cargado a Piñeiro, pero no olvidemos que en el fondo siguen siendo los mismos de hace mucho, mucho tiempo

    ResponderEliminar
  3. Anónimo1:38 p. m.

    Hoxe celebrouse o xuízo dunha compañeira da delegación de Vigo, unha das primeiras en denunciar. Nos vindeiros meses a CRTVG deberá facer fronte a medio cento de denuncias máis dos traballadores das delegacións. Moitos levabamos anos agardando polo cambio de goberno e, en plena campaña, escoitamos promesas que anunciaban a fin da precariedade laboral na empresa pública. Somos concientes de que os responsables actuais de TVG herdaron unha situación moi complicada, pero tamén temos moi claro que as cousas poderían terse feito mellor. O pasado xuño solicitamos unha xuntanza cos sindicatos e co director xeral compañía. O comité de empresa recibiunos para explicarnos que a única saída posible era recurrir á xustiza. Polo encontro co director xeral aínda estamos agardando. Mentres tanto, escoitamos toda clase de rumores sobre o peche da delegación da Coruña, na que dende hai anos convivimos ilegalmente traballadores fixos de TVG e subcontratos da productora VideoVoz. Cando nin sequera se dignan a escoitarte, quedan poucas saídas. A miña é a porta do xulgado do social número un. Alí nos veremos o próximo 20 de decembro.

    ResponderEliminar
  4. Mañana hay rueda de prensa del alcalde. Le preguntaremos por este follón? Comeza a loita!!!!!

    ResponderEliminar
  5. Anónimo7:34 p. m.

    Sí, por favor!! A ver si con un poco de suerte está mi jefa y conseguís ponerla un pelín más nerviosa...

    ResponderEliminar
  6. También hay un acto de Carlos Negreira. Si alguien le puede preguntar...

    ResponderEliminar
  7. Anónimo12:34 p. m.

    Suscribo todo lo dicho, sobre todo esa frase en la que Marcos nombra a unha compañeira: "Pasamos a nosa vida profesional defendendo coas nosas informacións a traballadores de tódolos sectores, mentres lles damos as costas ós nosos compañeiros; a estes da TVG ou a esoutros que cobran miserias e traballan dez ou doce horas, a aqueles que na práctica son asalariados pero son contratados coma se fosen autónomos".
    Me siento culpable por callar muchas situaciones de estas, por pensar que hablar de nuestras condiciones de trabajo no es noticia, no interesa al resto de los mortales.
    Raquel, ya sabes que tienes todo mi apoyo. Tú y Roberto y todos lo demás que estáis en esta situación.

    ResponderEliminar

Compartir