Decembro de 2005. Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación, sobre os Premios Galicia de Comunicación, no Parlamento: "Acabouse isto de que o Goberno lle dea premios ós xornalistas porque non o entendo e eu, particularmente, nunca o entendín. Acabouse. Pareceme ben que na súa profesión se autorregule e concedan premios o Colexio, as asociacións de prensa e mesmo os podemos apoiar dende aquí pero iso de que vaian os xornalistas a recibir premios a San Caetano nunca o entendín porque supoño que a miña profesión, os xornalistas son a conciencia crítica do poder. Entón pregutome, por que o poder lles da premios?, pola súa docilidade ou para que sexan dóciles?" (Declaracións extraídas de galiciaconfidencial.com)
Decembro de 2006. Entréganse de novo os Premios Galicia de Comunicación, cun xurado nomeado a dedo por Fernando Salgado.
(Que conste que coido que os gañadores deste ano son merecedores do recoñecemento da profesión).
O de sempre... calquera partido político, cando chega ao poder, vai tirar cara aos seus amigos. Criticaban ao PP e son casi peores porque caen nas mesmas cousas que antes censuraban. Unha pena, moitos esperabamos algo máis do bipartito....
ResponderEliminarNa miña opinión son peores...
ResponderEliminarE como me volvín unha malpensada creo que tantos conflictos internos teñen moito que ver con que a tarta non chega para todos: uns queren máis anacos e outros queren anacos máis grandes...
Eu vou facer desde aqui o firme propósito de non volver intervir nos debates que teñan a ver directamente coa acción do bipartito porque cada vez o paso peor.
ResponderEliminarÉ certo que non tiñan que ter entregado de novo os premios, aínda que tamén é certo que por primeira vez se convidou ao Colexio a formar parte do xurado, cousa que logo se rexeitou facendo unha protesta formal.
Pero do que quero falar non é diso, senón de que eu coñezo "bastante de preto" a varias persoas con altas responsabilidades neste goberno e respondo por eles e elas. Non podo responder por todos (máis ben, por menos dunha terceira parte) pero ás veces pásoo mal con algunhas cousas porque, quizais porque non poden ir máis aló, quizais porque non se enteran, logo hai cousas que se fan mal e todos nos botamos enriba de todos eles. É complicado, porque xa sei que alguén ten que responder e, obviamente, non vai ser o panadeiro da esquina, ou a carniceira de abaixo... pero, de veras que de agora en diante vou pasar de discutir de política porque temo que cada vez a entendo máis e, pola contra, os galegos e galegas teñen unha imaxe peor de ela. E non quero ter síndrome de Estocolmo nin nada parecido!
Buff, no he entendido nada del mensaje de sonsonia. Yo me apunto a la tesis de mrs doyle: la tarta es la que es y cada uno quiere un trozo más grande después del frustrante (para los ciudadanos) reparto inicial. Igual que sucedió con la tarta del poder, el dinero, la influencia y el suelo en Coruña.
ResponderEliminarSonsonia non pretendía ofenderte ou incomodarte con meu comentario, pero sei moi ben do que falo porque coñezo moi ben a algúns poderosos e a moitos que o foron e dimitiron por non poder parar a bola de neve...
ResponderEliminarMrs. Doyle
Tranqui, que non me incomoda nin me ofende nada disto.
ResponderEliminarPule, mira que non entender a miña intervención... se apenas lle dou voltas nin nada.
O que quería dicir, en realidade, e en resumo, creo que viría sendo algo asi como que no poder hai xente boa e mala e eu, polo que sexa, coñezo algunha da mala, pero coñezo máis da boa.
Unha cousa é ser boa xente e outra bo político. Quen pelexaron por repartires entre eles a tarta do poder poden ser boas persoas, de trato afable e bos contertulios á hora de tomar un café. Mais iso non quita o lamentable espectáculo do reparto do poder despois das eleccións.
ResponderEliminarA mín pásame ao contrario que a sonsonia. Canto máis preto teño aos políticos, e xa levo un ano bastante achegada, máis noxo me dan... Todos queren o mesmo: poder e pasta. E, como di Pule, non nego que no trato diario poden ser boas persoas ou cordiais, pero despois...
ResponderEliminarA ver, que dixen que non ía seguir falando disto e fago xusto o contrario. A verdade é que, cando dixen o de boas persoas quería dicir exactamente iso, mais na maioría dos casos, refírome a xente que eu sei que fan o seu traballo e poñen todo o empeño do mundo en facelo o mellor posíbel.
ResponderEliminarPodo dar nomes, pero non sería moi xusto porque hai moita xente no goberno á que non coñezo nese aspecto e que poden ser tan bos ou tan malos coma outros.