


-As herbas de San Xoán: Teñen nesta data a súa máxima capacidade curativa. Hai que collelas, poñelas nun caldeiro con auga e deixalas a ceo aberto para que reciban o orballo da noite. Ó día seguinte, toda a familia debe lavarse con esta auga milagreira.
-As lumeiradas: Saltar ou 'salvar' o lume é a máis coñecida. Sempre ten que ser un número de veces impar e dun lado para o outro. Ten propiedades purificadoras e mesmo casamenteiras.
-O ovo: Ás doce en punto da noite cáscase un ovo e déitase nun vaso de auga que se deixa a ceo aberto ata o mencer. Pola maña vaise ver o ovo e a forma que tomou: ás veces un barco, outras unha capela... e polo que alí se ve adivíñase a sorte que se ha ter no ano.
-As nove ondas: o carácter purificador, e tamén fecundador, das augas ponse de manifesto na tradición do baño das nove ondas, de forte tradición na praia da Lanzada. Ademais de ser un rito menciñeiro e curativo do meigallo, é tamén un rito de fecundidade que fai concebir ás mulleres esteris. Hanse bañar compretamente en coiro (segundo outros, en camisón) e as ondas que en realidade teñen valor, segundo a lenda, non son nove sinón sete. Cóntanas de dúas a nove, contando as nove para colleren a onda grande, mais, en realidade, son sete as que toman.
-Andar ás cancelas: Xosé Carlos Villaverde explica que "a medida que a fogueira se vai extinguindo, a mocidade forma pandillas que saen a atracar as rúas, para que non pase ninguén. Recorren barrios e parroquias entre cantos e berros acompañados polo ruído de tarteiras vellas e outros cacharros. O propio da noite era 'andar ás cancelas'. Pero tampouco quedaban atrás os carros, xugos, chalanas, arados, e mesmamente se metían co gando recollido na corte. Pola mañá seguinte era doado ir ó adro da parroquia a busca-la cancela que faltaba do seu sitio".
¿Coñeces ti algunha máis? Pois participa. Por certo, hai unha enquisa á dereita sobre a posibilidade de que San Xoán sexa día festivo en Galicia.
Fotografías extraídas de La Voz de Galicia.
Bueno, no he entendido nada de lo que has puesto, pero una foto vale más que mil palabras.
ResponderEliminarAlucinante!! a ver si el año que viene puedo participar en la fiesta de la noche mágica.