31 de octubre de 2005
Samaín
Supoño que tería nove ou dez anos, non máis. Era por estas datas e estaba na casa de miña avoa, en Ponte, unha pequena aldea preto de Noia. Ela gardaba no cuberto dúas ou tres cabazas que baleirou antes de subilas á casa. Cun coitelo debuxoulles ás cabazas o nariz, os ollos e unha horrible boca. Despois acendeu varias candeas e meteunas dentro daquelas caras. As cabazas pasarían a noite á intemperie. Aquel acontecemento que seguín con tanto interese quedou aparcado na miña memoria. Hai catro ou cinco anos, ó fío da polémica pola importación/invasión do halloween, descubrín que en varios lugares de Galicia xurdira un movemento que trataba de recuperar unha tradición celta de nome Samaín. Sostiñan as voces destes colectivos que foron precisamente emigrantes europeos os que levaran a tradición ós Estados Unidos e que agora viña de volta deturpada. Cando oín a aquelas persoas, apareceu na miña mente a imaxe dunha muller maior debuxándolle cun coitelo ollos, nariz e boca a unha cabaza. Supoño que miña avoa terá máis de celta que de ianqui.
Comentarios á fotografía:
1. Non coñezo de nada a esa señora.
2. Fíxese o lector no detalle do escudo do Dépor nunha das cabazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Una noche de difuntos, en una aldea perdida cerca de Ponteceso, mi abuela me enseñó a hacer las calabazas. Luego apagaron la bombona de gas (la luz se iba siempre por la noche) y se puso a rememorar historias de la santa compaña, de almas en pena y voces del otro mundo que, según decía, le había contado su abuela a ella. Va a ser que no era por la tele, ¿no? Más que nada porque nunca funcionaba en aquella casa...
ResponderEliminarMenos mal que la de la foto no es tu abuela, porque asusta más que la calabaza...
ResponderEliminar