Nin a internet, nin os medios de comunicación, nin a banca. O novo gran poder é o das máquinas. É o fax quen che di "reponga papel en bandeja 2" (onde raios estará esa bandexa?); a impresora ordénache -nunca piden as cousas con educación- "reponga toner" e unha estrana voz que ninguén sabe moi ben de onde sae diche "calle San Andrés, puede cruzar". O caso das computadoras é aínda peor. Cando por fin fas o que ela che mandou, espétache: "Está seguro de que quiere cerrar esta aplicación?". "Que se estou seguro? Pero se fuches quen mo ordenou!".
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarQué ponía en el comentario???
ResponderEliminarEra un comentario publicitario.
ResponderEliminar