Superado o trance do financiamento autonómico, Galicia afronta outro debate económico se cadra máis importante e con maior percorrido có reparto de fondos entre comunidades.
A crise financeira e as medidas adoptadas para solucionalas teñen aberto a porta das fusións entre caixas, nun proceso que xa está en marcha noutras partes do Estado pero que non se ten iniciado, alomenos formalmente, en Galicia. Xa vai para un mes que o Goberno de España aprobou o fondo de reestructuración do sistema financeiro e a Xunta aínda non aclarou que quere facer coas caixas. As intencións do goberno e do Banco de España son ben claras: hai que reducir o número de entidades que operan no Estado. E para iso haberá cartos. Por paradóxico que pareza, esta aposta non ten reaberto en Galicia con forza o debate sobre a fusión das dúas caixas galegas, malia que esa polémica foi permanente desde o nacemento de Caixanova. Feijóo ten que mover ficha e actuar como presidente da Xunta e non como delegado do Partido Popular en Santiago. Quedar de brazos cruzados e mirar para outro lado significa permitir o avance da proposta de certos sectores do PP que pretenden que Caja Madrid absorba Caixa Galicia. O presidente ten a palabra, pero os máximos responsables de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e Caixanova, Julio Fernández Gayoso, tamén deben deixar afastados os personalismos, actuar con amplitude de miras e apostar por unha sólida ferramenta financeira ó servizo dos intereses de Galicia. Xa foron demasiadas partidas perdidas.
Mucho me temo que, por una temporadilla, Feijóo seguirá mirando para otro lado en este asunto. Tal y como hizo ayer con el área metropolitana. Hala! Que se pongan de acuerdo los ayuntamientos y se maten entre ellos...la Xunta no pone sobre la mesa ni modelo ni na...Como si la cosa no fuera con él. Así va el asunto...ni para atrás ni para adelante.
ResponderEliminarFeijoo o único que fai é darlle tempo ao tempo, que os problemas os vaian arranxando outros e el a esperar que Rajoy perda fuelle e presentarse en Madrí. Para ese home Galiza no vale un...a súa ambición está noutro lado. E mentras o goberno do desgoberno, non fala non contesta. Catro anos de desfeita.
ResponderEliminar@Anónimo
ResponderEliminar¡Que volva Quim e os xubilados!