Xa temos novo presidente. Alberto Núñez Feijoo foi investido onte no Parlamento de Galicia e mañá tomará posesión nun acto que, prometeu, será "austero".
Disque vai chegar nun Citroën á praza do Obradoiro. Do que dixo na cámara durante estes días quedo co seu compromiso de que non chega á presidencia da Xunta para "restaurar o pasado". Comentei esa promesa en antena con Antonio Campos Romay, quen pouco despois salientou a entrada de "aire fresco" que supuxo o bipartito. Nese momento, e xuntando ámbalas dúas ideas, comprendín algo no que non reparara: socialistas e nacionalistas fixéronlle o traballo a Feijoo. O bipartito fixo a limpeza -política, claro está- da que agora se poderá aproveitar -agardemos- o novo presidente. Feijoo pode facer agora o que practicamente lle estaría prohibido de seguir Manuel Fraga hai tres anos e medio. PSOE e BNG fixeron de Claudio, pero o gol sempre o marca Bebeto.
P. S. Síntome un pouco Touriño. Esta noite terei reunión da comunidade de propietarios do meu edificio e esa xuntanza será a miña saída como presidente. Podo dicir, con orgullo e satisfacción, que devolvo o edificio tal e como o collín e que non metín a man na caixa. E cumprín tódalas miñas promesas; é dicir, ningunha.
Te vas de tu piso?? Y ahora dónde voy a ir yo??? jajaja A ver das señales de vida algún día, y tal... :P
ResponderEliminar"Sr. Cuesta":
ResponderEliminarNon facer nada tampouco é bo...
Mrs. Doyle