28 de agosto de 2008

Emilio Pérez Touriño e o adianto electoral

Non había motivos para adiantar as eleccións e Touriño non as adiantará. Aínda que esta decisión (?) sexa unha obviedade, durante dúas semanas estivo no aire, o que ocasionou un amplo debate na política galega sobre a conveniencia ou non de celebrar os comicios en outono.
Touriño cumpriu o seu papel de presidente da Xunta e deixou a un lado a súa condición de secretario xeral do PSdeG-PSOE, partido no que dirixentes e asesores presionaron o titular do Goberno galego á luz das enquisas que reflicten que recaerá sobre os socialistas os custos electorais da crise económica. Semella que Touriño dubidou ata o derradeiro momento pero que finalmente non cedeu ós 'consellos' que lle chegaban dende Madrid. Disque desde o punto de vista estratéxico, electoral e partidista o futuro candidato do PSdeG cometeu un erro grave, pero o certo é que non estamos afeitos a que a condición institucional prime sobre a partidaria. O 'erro' de Touriño -non convocar eleccións a golpe de enquisa- é unha boa nova para Galicia.

1 comentario:

  1. Anónimo11:35 a. m.

    Como non!?, claro que quere agotar a lexislatura,claro que non vai adiantar as eleccións, calquera non,(máis tempo para encher o peto,...os cinco meses de vantaxe van ser moi productivos e proveitosos, xa o imaxino ir a traballar con chaleco de pescador, eses que teñen petos por todos lados...)Ai non! , non o fai por iso, faino polos INTERESES de GALIZA ( de Galiza eh!!!!,mal pensados... polo compromiso que adquiriu cara os galegos cando foi elexido,... que foi elexido, non imposto con alianzas, arrasou con maioría absoluta, foi o que quixo o pobo galego... la, la, la , la , la).
    Aproveita Touriño, que comeza a conta atrás.

    ResponderEliminar

Compartir