17 de marzo de 2008

Penamoa e Novo Mesoiro: avergonzado

Algúns dos veciños do meu barrio decidiron que queren unirse ás protestas dos residentes en Novo Mesoiro polo suposto traslado a estas dúas zonas da Coruña dos habitantes no poboado chabolista de Penamoa.
As imaxes que se están vendo e as cousas que se están dicindo estes días producen vergonza, gustaríame dicir que allea, porque levan a carga da xenreira, da desinformación e dun latente racismo. O peor de todo é que pode dinamitar o complexo e delicado traballo que desenvolven desde hai anos os servizos sociais do Concello para conseguiren a integración dos coruñeses que viven nas peores condicións. Cómpre lembrar que non se lles dá vivendas sociais a aqueles que están relacionados coa delincuencia. Cómpre lembrar que ata o de agora os proxectos de erradicación do chabolismo foron un éxito e que permitiron a integración de moitas persoas que vivían na indixencia. E cómpre que nos lembremos de que en Penamoa hai nenas e nenos; rapaces que están condenados á delincuencia e á drogadicción se non se lles dá a oportunidade dunha vida digna.

Actualización.: As últimas, e agardemos que derradeiras, iniciativas dos veciños de Novo Mesoiro: revisar os censos de adxudicatarios de vivendas sociais para garantiren que non hai apelidos xitanos e crear patrullas cidadás. Como cheira.

19 comentarios:

  1. Por un lado te doy la razón pero por otro te la quito: no hablamos de gente que se "adapta" a la normal convivencia precisamente (aunque habrá de todo como en botica)

    ResponderEliminar
  2. Conociendo tus ideas, te agradezo la moderación de tu comentario. Ya he dicho que el proceso no es nada fácil. Está claro que la adaptación es complicada y es probable que en muchos casos sea casi imposible. Pero si en algunos funciona, merece la pena intentarlo.

    ResponderEliminar
  3. É o conto aquel de "yo no soy racista, pero..."

    Necesito vacacións.

    ResponderEliminar
  4. Esto es patético. Siento una gran vergüenza ajena.

    ¡INTERCULTURALIDAD!

    ResponderEliminar
  5. Ahí van mis consideraciones sobre el problema-polémica-manipulación del supuesto-hipotético-inventado realojo de chabolistas. Creo que lo que voy a decir lo subscribiría cualquier con un mínimo de información.

    1. Este caso evidencia un latente racismo en la sociedad que explota a la mínima duda o rumor.
    2. Es preocupante la falta de credibilidad del alcalde y de su Gobierno municipal, que se hartan de decir que no habrá realojos en Mesoiro, Eirís y Os Rosales, pero los vecinos, al menos la mayoría, no los creen.
    3. Esto se atajaba si, desde un principio, el Ayuntamiento explicara sus planes para Penamoa, como hizo el martes Silvia Longueira, sin esperar a que hubiera protestas. Y tendría que haber salido el alcalde desde el principio, aunque entiendo que ahora salga Silvia Longueira, porque no está quemada por años de gobierno, su mensaje es más claro que el de Losada y no se encrespa con las preguntas más inocentes de los periodistas, como a buen seguro le habría sucedido al alcalde.
    4. A las demandas de los vecinos de que se explique a dónde irán los chabolistas jamás se debe responder.
    5. Los mismos que ahora protestan se quedarían en sus casas si el problema lo tuviera otro barrio.
    6. El plan de erradicación del chabolismo del Ayuntamiento debe de ser lo poco de izquierdas que hizo este Gobierno local desde 1983.
    7. Es falso el mensaje que lanzan los vecinos de "si quieres un piso, hazte chabolista". No se les regala un piso, se les da una ayuda económica para comprarlo o alquilarlo. Ellos tienen que poner dinero. En cualquier caso, ¿quién merece la ayuda? ¿Quién no tiene o quién quiere tener más?
    8. La imagen de esos cuatro vecinos con jeringuillas de juguete 'clavadas en los brazos' es bochornosa. El pie de foto de La Voz, tan criticado por ellos, es fiel reflejo de lo que es: "vecinos de Mesoiro se burlan de los drogadictos".
    9. El titular de toda esta historia es el que dice Noe: "No soy racista, pero..."
    10. El realojo en Mesoiro y Eirís no se puede dar ahora porque ni siquiera están construidos los edificios.
    11. Los adjudicatarios de viviendas sociales en Eirís y Mesoiro han cumplido unos requisitos legales, entre ellos no tener causas pendientes con la Justicia. Marginar en este proceso a alguien por su procedencia o etnia es posible, pero ilegal. Si hay gente de Penamoa en la lista de adjudicatarios, es porque cumplen los requisitos.

    ResponderEliminar
  6. Me ha quedado un poco largo, pero creo que merece la pena.

    ResponderEliminar
  7. Lanzo una pregunta al personal:

    ¿Y si después de 6 meses Mesoiro se convierte en un pequeño Peñamoa?


    PD. Me la suda este tema que yo no vivo allí pero tengo un amigo que sí vive y se sube por las paredes

    PD. Puleelmos, en el punto número 7 no estoy de acuerdo: ayudas para TODOS o para NADIE

    ResponderEliminar
  8. Antihéroe, con todos los respetos, a ver si nos informamos un poco antes de soltar insinuaciones malintencionadas. El Ayuntamiento no va a realojar a ningún chabolista de Penamoa en Novo Mesoiro. Lo único que hay es que entre los adjudicatarios de viviendas sociales de la Xunta hay familias que viven en Penamoa y que han cumplido los requisitos que se les exigen a todos para poder acceder a estas viviendas, como bien ha explicado Puleelmos. Pues bien, para que quede claro, esas viviendas sociales se construyen en dos edificios: uno en Novo Mesoiro y el otro en Eirís. Este último está justo enfrente de mi casa.

    ResponderEliminar
  9. Antihéroe demuestra su solidaridad con sus dos P.D.

    1. "Este tema me la suda": claro, como a tu amigo el de Mesoiro, que le importaría tres pitos que el realojo de Penamoa fuera en Os Mallos con tal de que no fuera en Mesoiro. Un punto de vista solidario, sí señor.

    2. "Ayudas para todos o para nadie": ole, la solidaridad. Otro derroche de ella. Vamos, que crees que merece ayudas por igual una persona que no tiene nada, que otra que tiene poco, que otra que tiene mucho o que Amancio Ortega. Vamos, que lo de los 400 euros de Zapatero está hecho para ti: 400 euros para un multimillonario que cotice, pero ni un céntimo para el pobre que no cotice. El argumento de "eso se paga con mis impuestos" al que se agarran algunos para criticar lo que no le gusta oculta egoísmo. ¿O es que tus impuestos sólo valen para pavimentarte la acera delante de tu casa o para financiar la carretera por la que vas a circular? El objetivo de los impuestos es repartir entre toda la sociedad y beneficiar a toda ella con la aportación común en función de lo que cada uno tiene.

    ResponderEliminar
  10. Por cierto, ¿qué es PeÑamoa?

    ResponderEliminar
  11. E logo...¿coa xente que vende drogas, que e delincuente e todo o demáis que se fai?

    ResponderEliminar
  12. Non é mala pregunta, pero a esa xente non se lle dá vivendas. O futuro desa xente dependerá da policía e da xustiza, como sucede con tódolos delincuentes. ¿Alguén cun mínimo de sentido común pode pensar que a Administración lles vai proporcionar vivendas a vendedores de droga?

    ResponderEliminar
  13. Pero tamén saberas que nunha familia pode hacer unha persoa que é a que ten un traballo, cunha nómina que garantice que teña dereito á vivenda social pero outra xente da mesma familia, poñamos no caso ao fillo, pode ser un traficante.
    Iso é imposible de controlar e a iso e ao que nos deberían dar explicacións.

    ResponderEliminar
  14. ¿Iso é imposible de controlar? ¿seguro? ¿ti cres que a policía ou os servizos sociais non saben quen vende droga e quen non? Segundo informacións publicadas por La Voz de Galicia, tres clans de Penamoa controlan a venda de droga no poboado. O resto dedícanse a outras cousas. ¿De verdade cres que a Administración lles vai dar unha vivenda social ós que venden? Penso que antes de convocar manifestacións, de deixarse levar por prexuízos, infundios e mentiras, sería bo botarlle ó asunto un pouco de sentidiño. ¿Non cres que o Concello e a Xunta son dos principais interesados en que isto saia ben? ¿que gaña facéndooo mal? ¿non cres que a reacción que están tendo veciños de Novo Mesoiro e Eirís demostran a necesidade de manter discreción nas políticas de erradicación do chabolismo? ¿non pensas que é un pouco lamentable que o principal atranco na actualidade para a supresión das chabolas sexa a actitude dos "payos", que nos cremos tan civilizados, e non dos "gitanos" que supostamente dedícanse a vender droga e montar bulla?

    ResponderEliminar
  15. Imaxino que hoxe domingo escoitaches en Radio Coruña Cadena Ser o programa Voces de A Coruña.
    Santiago Porta, o representante do Concello numeraba en 400 os habitantes de Penamoa,nunhas 100 familias e Ramón Borja, que é o representante do poblado,aproximaba a cifra a 600 ou 700 familias e polo tanto case 2000 habitantes.
    Isto mostra que o Concello non ten tan controlado o tema.
    Saúdos ;)

    ResponderEliminar
  16. Chama a atención que lle deas más credibilidade ó voceiro do colectivo que, segundo vós, vai traer a droga a Eirís. En todo caso, ¿ti sabes se os familiares do adxudicatarios de vivendas sociais que non son de Penamoa son delincuentes? ¿por que nun caso unha sospeita sen probas leva a xente á rúa e noutro non? ¿tedes intención de iniciar unha caza de bruxas? Penso que os veciños de Novo Mesoiro e de Eirís que se mobilizan deberían empezar a reflexionar sobre todo isto. ¿Estás seguro de que ningún dos teus veciños vende droga? Podemos estender a sospeita ata o infinito. ¿Quen me garante que ti non es narcotraficante?

    ResponderEliminar
  17. Eu non che digo que non, pero o que defendo é a realidade, en Penamoa hai droga.
    Sí, en Eirís tamén, e penso que todo o mundo sabe onde, pero nunca chegarei a defender á xente que a vende.
    E doulle a razón a Ramón Borja porque penso que debe ter máis visitado,máis controlado e en xeral máis coñecido Penamoa que un técnico do Concello.

    ResponderEliminar
  18. Sí, efectivamente, en Penamoa hai droga. E no País Vasco hai terroristas, e en Vilagarcía hai narcotraficantes, en Madrid hai atracadores, en Barcelona hai violadores... Non queres a ninguén destes sitios en Eirís? Teñen que pagar xustos por pecadores?

    ResponderEliminar
  19. ninguén está a defender a quen vende droga, todo o contrario o que levanta tanto comentario, penso eu, é esa doble moralidade que xurde ante algo con que todo o mundo se enche a boca, pero que moi poucos tentan de practicar.... INTEGRACIÓN... DEREITOS.... IGUALDADE...
    Sabedes, non pertenzo nin a Novo Mesoiro, nin a Eíris, sin embargo si me considero, dende hai moitos anos afectada pola situación... vivo no barrio das Conchiñas, como sabedes non moi lonxe de poblado, convivo diariamente coa xente que alí vive en maior o menor medida, é non temos máis problemas que os que podemos ter con outros veciños...e máis puntualizaría que en todo este tempo dannos máis problemas as persoas pertencentes a calquera outro barrio da cidade que na percura de satisfacer a sua adicción fai o que sexa por conseguilo...
    tolos, delincuentes, drogadictos, psicotas hainos en todolos barrios, creamoslles un gueto a parte?... asi aforramos traballo a policias e xuízes, xa que según algúns non haberia outro modo.

    é triste ter que ler certas cousas a estas alturas

    ResponderEliminar

Compartir