13 de octubre de 2006

O Colexio de Xornalistas, contra a privatización das delegacións da TVG

O Colexio Profesional de Xornalistas (CPXG) rexeita de raíz o proceso de privatización das delegacións da Compañía da Radio Televisión de Galicia (CRTVG) porque é incompatible coa función de servizo público que uns medios pagados por todos deben prestar nunha sociedade democrática. Neste sentido, o CPXG solidarízase cos traballadores das delegacións da TVG na súa pretensión de teren os mesmos dereitos laborais que os traballadores da sede central de Santiago.
O CPXG lembra que a maioría destas delegacións son propiedade de empresas que editan xornais galegos. No entender do Colexio, o pago con fondos públicos a estes grupos xornalísticos pola xestión das delegacións da Televisión de Galicia compromete gravemente a independencia destes medios de comunicación respecto ó poder político. Sen esquecer que ese pago distorsiona as regras de xogo coas que debe rexerse o sector mediático privado galego.
Aínda que a privatización das delegacións da TVG comezou co anterior goberno do Partido Popular, a actual administración autonómica está acelerando ese proceso privatizador. Esta realidade é oposta ó compromiso electoral das dúas forzas que gobernan hoxe en Galicia. Comprometéranse a poñer os medios públicos galegos ó servizo da sociedade e a democratizalos. O CPXG xa ten denunciado no pasado a utilización da CRTVG como caixa de pago para mercar un trato favorable de determinadas empresas de comunicación. Por todo isto, o CPXG reclama publicamente que a dirección da CRTVG lle poña fin a ese proceso privatizador dos medios públicos galegos.
O CPXG ten que lamentar que, despois de mais dun ano de goberno bipartito, aínda non se deu ningún paso para democratiza-la CRTVG e acabar coa súa instrumentalización política, que se segue producindo tanto no nomeamento partidario dos seus dirixentes como no sometemento dos medios públicos a intereses gobernamentais contrarios á función de servizo público. Os dous partidos que hoxe gobernan Galicia presentáronse ás eleccións asumindo o compromiso de que o director xeral da CRTVG fose elixido por maioría cualificada do Parlamento. Iso a día de hoxe é só unha promesa electoral.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é unha corporación de dereito público, creada por lei do Parlamento, que ten por finalidade a defensa dos intereses profesionais dos xornalistas galegos e a defensa dos dereitos dos cidadáns a aceder a unha información veraz e plural.

5 comentarios:

  1. Franzisco Fernado5:40 a. m.

    Como siga asi o conto van a ter que presentar "Os tonechos" o Telexornal

    ResponderEliminar
  2. Franzisco Fernado5:42 a. m.

    (Soy Manuel...:-P)

    ResponderEliminar
  3. Sonsonia6:37 p. m.

    Moiboas de novo. A verdade é que normalmente prefiro non falar do tema porque se pode entender que son parte interesada e calquera cousa que diga pode entenderse como unha defensa do goberno que, xustamente neste caso, creo que a cagou e ben.
    Só mencionar, para que conste, que esta semana no pleno, Aymerich vai facer unha pergunta oral a Touriño (supostamente son sobre os temas máis importantes dos últimos días, semanas, meses) sobre a situación da TVG.

    ResponderEliminar
  4. Sonsonia5:40 p. m.

    Perdón, non é esta semana, é a semana vindeira, fóiseme a olla. Sorry

    ResponderEliminar
  5. Hola. Por fin he entrado en tu blog... Debo llevar una hora buceando y ya conocí a trufa, parece que no sea esta la entrada adecuada para introducir mi comentario, pero para que tenga relación con el asunto periodístico, me gustaría sacar un tema medio denuncia medio pregunta: ¿Cómo es posible que no hagamos algo para acabar (en casi todos los medios) con los contratos de (la falsa jornada de) seis horas? Me sorprende comprobar que somos muy pocos los que sabemos que (y creo que no me equivoco) con este tipo de contratos (y sobre todo cuando sobrepasamos con mucho esta jornada) nuestra cotización es ínfima. Me explico: Cuando un trabajador con este tipo de contrato se pasa seis años trabajando y se va al paro no tiene dos años de prestación por desempleo, sino un año y ocho meses ¿cuántos años habremos cotizado el día que nos jubilemos? Muchos menos de los reales. La explicacion (e insisto, espero no estar mal informada) es que las cotizaciones están establecidas por día completo (ocho horas diarias) de modo que todas las horas que nos pasamos de más se las regalamos a la empresa, ni siquiera a esa Hacienda que constituimos todos. La justificación de por qué tenemos este tipo de contrato es que, al trabajar de lunes a sábado, si el contrato fuese de ocho horas trabajaríamos 48 horas semanales (ocho más que el máximo permitido por ley)... si fuera de siete, nos pasaríamos en dos; con la jornada de seis horas suman 36. Por qué no podemos tener un contrato que nos permita cotizar por 40 horas semanales???? No sé, tal vez tengas una respuesta y tal vez sea yo la que está mal informada pero todo esto me indigna y creo que deberíamos hacer algo inmediatamente. Espero haberme explicado correctamente.
    A todo esto, enhorabuena por este blog tan currado, me encanta. Bicos

    ResponderEliminar

Compartir