26 de marzo de 2007

Reflexións na hora perdida

Certa preguiza e falta de tempo teñen paralizado a activididade neste blog. Non é que as ideas non sigan bulindo. Así que resumo en preguntas algunhas das cuestións que quixera ter desenvolvido en comentarios que xa nunca existirán.

-Por que a blogaliza non enlaza con blogs bilingües (castelán/galego) coma este e si a outros que empregan o portugués? (Que conste que se por mi fose se aprendería portugués nas escolas galegas)
-Por que un partido político que teimou en introducir a liberdade no lema dunha manifestación á que finalmente non foi tenta agora de coartar a liberdade de expresión?
-Por que facemos normas para impedir a construcción de chalés a menos de 500 metros da costa e permitimos que Unión Fenosa amplíe as súas instalacións en Sabón, a poucos metros dunha praia con dunas que se quere incluír na Rede Natura?
-Por que non se nos compensa os que madrugamos con parte de todos eses cartos que supostamente aforramos co cambio horario?
-Pregunta de Rabudo: Por que non pode decidir (nas eleccións) unha inmigrante colombiana que traballa no servizo doméstico de Galicia desde hai dez anos e si pode facelo alguén que non pisou este país na súa vida? (Perdémonos en debates estériles e non entramos no fondo do asunto).

2 comentarios:

  1. Todas esas preguntas poderíanse resumir nunha soa, moi recurrida: ¿por que a vida é tan inxusta e hai xente tan perra? Eu teño as miñas teorías polas cales prefiro ser un mono a un ser humano.

    ResponderEliminar
  2. O bilingüismo non existe...

    ResponderEliminar

Compartir