30 de abril de 2009

Primavera?

Disque un día deixará de chover.
O inverno trata de voltar para roubarlle presencia a esta primavera que non dá chegado, que seica non quere chegar. As mulleres acurúxanse no portal, sabedoras de que nunca choveu que non escampase. Falan de paraugas e sombreiros no tempo no que deberon florecer as cores vivas que faltan na casa. As estacións andan despistadas; tan revolucionadas que volverían tolo a Vivaldi a golpe de cambio climático. As roupas do inverno fanse fortes nunha cama que usan de refén por un rescate imposible. A primavera agarda, paciente, a súa vez. Disque virá a modo. Disque mañá deixará de chover.

Estación anterior: Outono

2 comentarios:

  1. Non agardes máis, que xa anda por aquí! :D

    ResponderEliminar
  2. Anónimo1:09 a. m.

    Moi chulo o texto, o de Vivaldi amosoume un sorriso...

    ResponderEliminar

Compartir