12 de enero de 2009

A precampaña das autonómicas 2009

Seica xa estamos na precampaña electoral. "Quedou inaugurada (!) onte en Ourense", dicían ás 6 da mañá na Radio Galega.
Xa postos, puido vir Manuel Fraga a cortar a cinta. Nese mitin falou Touriño e non o puido facer con maior claridade: "Non vos vou pedir o voto polo feito nestes tres anos, senón polo que queremos facer nos vindeiros catro. Quero ser o presidente de Galicia, de tódolos galegos". Que pasa? que Touriño non sabe que é, e foi, o presidente de Galicia? que acaba de decatarse que o é, e que o foi, e que por iso non fixo o que prometera que faría? que acaba de darse conta de que non o fixo e por iso non pide o voto polos últimos tres anos? Quen garante que o fará nos vindeiros catro?

1 comentario:

  1. Anónimo10:07 p. m.

    Touriño non foi presidente da Xunta nos últimos anos. Foi presidante do gaberno de Galucia, singular Adidas.

    Comezas ben a "precampaña", eh?

    ResponderEliminar

Compartir