Líderes de medio mundo buscan estes días solucións a unha crise que, cando menos, lles está dando a oportunidade a moitos xornalistas de empregar esas expresións que tanto nos gustan: lunes negro, desplome bursátil, inyección de liquidez... E un que pensaba que a mellor da terminoloxía xornalística era a relacionada co narcotráfico.
Pero eses líderes mundiais non deberían darlle máis voltas ó asunto. O único que deberían ter feito era acudir ó Parlamento de Galicia, onde se debatiu o Estado da Autonomía, expresión tamén ben curiosa porque non sempre a boa saúde de Galicia ten que ver coa súa autonomía. Supoño que pensará todo o contrario Anxo Quintana, para quen tódolos problemas se resolven con máis autogoberno. (Parte de razón non lle falta: é dificil solucionar os problemas cando non se teñen as competencias para resolvelos). Dicía -case perdo o fío- que nesa sesión se expuxeron as solucións á crise, e non me refiro ás medidas anunciadas por Emilio Pérez Touriño. Refírome á receita Alberto: poñer á venda os Audis da Xunta (non estaba mal un mercado do automóbil de ocasión en San Caetano) e enviar ó paro ós asesores de conselleiros/as, vicepresidente e presidente. O impacto desas medidas na economía? Ningún; pero estas mensaxes baratas teñen boa venda en tempos de crise.
Que coche ten Alberto?
ResponderEliminarPenso que tampouco che foi moi asá a receita infalible de Quin de "anda, payo, dame un acuerdo pa un Estatuto", coma se tivese un efecto inmediato nos petos dos galegos e galegas. Se vai negociar en Ford Fiesta, o Feijóo igual accede a poñer "nación" e todos e todas estaremos ledos e ledas.
Escoitei as contracrónicas e aínda rin. A miña inquedanza é... unha sección diaria? non forzarás a máquina?
Pois xa veremos como vai. De entrada, xa non está sendo diario porque hai días que non dá o tempo, pero material vai habendo.
ResponderEliminar