Se en 1981 Galicia se dotou dun Estatuto de Autonomía que a recoñece como nacionalidade histórica foi, entre outras cousas, por ese acontecemento histórico que protagonizaron Castelao e Ramón Suárez Picallo.
O 15 de xullo de 1936, pouco antes do levantamento golpista, entregaron nas Cortes o refrendo do estatuto, respaldado maioritariamente polo electorado galego.
Un día, Suárez Picallo díxolle a Isaac Díaz Pardo que quería descansar para sempre no Fiunchedo, en Sada, na súa vila natal. Corenta e catro anos despois da súa morte, cumpriuse o derradeiro desexo de Ramón. Mágoa. Foi no mesmo día no que Banderas chegou á Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario