Cando nacín, España aínda vivía nunha dictadura. Teño lembranzas de Misha, de Naranjito, da selección de baloncesto xogando unha final das Olimpiadas fronte a uns rapaces de apelidos Jordan e Ewin.
Desde a inocencia da nenez respaldei a Landelino Lavilla mentres Felipe González nos miraba desde os carteis (perdón por empregar a palabra recomendada pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega) co lema aquel de 'Por el cambio'. Os xogos olímpicos de Barcelona e a Expo de Sevilla foron soños que pensamos que endexamais ían suceder. E cansamos de dicir aquilo de "cuando sea mayor..." Cheguei á universidade a escoitar incrédulo o augurio do profesor Freixanes sobre unha cousa á que lle chamaba internet. Hoxe comprobo que as notas chegan ós teléfonos dos alumnos a través de mensaxes, que xente coa que falo non sabe seguir o berro de "OTAN no..." ou descoñecen que CEE foi no seu día, á parte dunha vila galega, a Comunidade Económica Europea. Ou non teñen na memoria a imaxe de Fraga, en Madrid, mirando desde unha fiestra a toda aquela xente que lle pedía que non viñese a Galicia. Seica o momento é chegado? Xa son maior?
marcos, te estás haciendo mayor,ya cuentas "batallitas", pero las cuentas muy bien, ha sido divertido recordar
ResponderEliminarYo solía pensar cómo sería y donde estaría en el año 2000. Y ya estamos en el 2007...
ResponderEliminarSi es que somos unos nostágicos melancólicos...
As lembranzas desas persoaxes tamén as teño eu e ... pois creo que non son tan vello ¿non?.
ResponderEliminarIso sí, recordo tamén algo así como que no ano 2.000 ía haber unha especie de algo (non se sabe qué) que destruiría a terra. Iso aínda non sucedeu (menos mal), aínda que imos de camiño ...
Moi bo