27 de abril de 2007

Galiza Nova e os "suministros líquidos"

Comunicado remitido ós medios: "Galiza Nova valorou negativamente que na noite de hoxe coincidiran as dúas festas destas dúas facultades tan senlleiras e sinaladas no campus coruñés (refírese a Socioloxía e Económicas).
Cumpre mencionar que en Económicas se esgotaron os suministros líquidos, feito este que denota unha organización, canto menos, mellorábel. Galiza Nova convida ao reitorado da UdC a reflexionar sobre tan surrealista situación, dúas festas ao aire libre separadas por 50 metros. Sen máis, recebede un afectuoso saúdo nacionalista. Dani Carballada, Responsábel de Organización. Galiza Nova - A Coruña".
Traducción:
-Galiza Nova quéixase porque pudendo ir a dúas festas en dous días diferentes por que ter que escoller entre dúas que se celebran o mesmo día?
-En Económicas esgotáronse as copas ante a pasividade da Reitoría.
-O reitor, José María Barja, dedícase a organizar festas universitarias e, ademais, de xeito "mellorábel".
Para que despois digan que as organizacións políticas da mocidade están afastadas dos intereses destes coletivos.

8 comentarios:

  1. Anónimo10:45 a. m.

    "MELLORABEL" es la actitud de Galiza Nova, por cierto... algún día, por remoto que sea, conseguiremos UNIFICAR CRITERIOS ORTOGRÁFICOS para usar a nosa lingua galega? ata onde eu sei, é correcto usar mellorable, ou non? que alguén me corrixa, por favor, se non é así

    ResponderEliminar
  2. As últimas, e seguramente non derradeiras, normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega, admiten as dúas posibilidades. Sen mostrar preferencia por ningunha das dúas, si establecen que ten maior implantación a terminación -ble.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo2:09 p. m.

    Como se vai normalizar un país onde residen tantos anormais...

    Mrs. Doyle

    ResponderEliminar
  4. ¡Manda chover na Habana!
    Leo e leo e non dou crédito.
    ¿E verdade ou é un invento teu?
    Joder, que tropa.

    ResponderEliminar
  5. É totalmente certo. Foi un comunicado remitido por Galiza Nova a tódolos medios.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo10:31 a. m.

    Dou fe de que o comunicado é real. Cabe destacar que foi enviado á nacionalista hora das 6 e pico da mañá, ou da madrugada para os que non almorzaron. Se os suministros líquidos chegaron a esa hora, a reitoría podería falar dunha moderada satisfacción festiva.

    Un saúdo, compañeiro Sanluis! Bonito espazo!

    ResponderEliminar
  7. Anónimo2:04 a. m.

    jajajaja... teñen razon, é complicado estar en dous sitios a vez jajaja


    GRACIAS !! muas

    ResponderEliminar
  8. Anónimo3:36 p. m.

    con dous sitios para beber, e mentres nós aquí en malasaña sen poder facelo escapando das cargas policiais e con cabinas e botellas q pasan ao teu carón, namentres o teu lado quémanse 4 contenedores...!!!

    UNha burrada, marquiños!!!

    Bicos dende o reducto madrileño!

    ResponderEliminar

Compartir