28 de agosto de 2006

O valor das palabras

Vivimos nunha sociedade que despreza as palabras e o seu valor. Teiman algúns en cualificar uns feitos graves e dramáticos como os lumes forestais de terrorismo incendiario, malia que non existen, ata o de agora, as mínimas probas que nos conduzan a tal conclusión.
Os que tachan a Rajoy de fascista non só desprezan a palabra, senón que ademais co seu exceso verbal minguan os réximes de Mussolini, Hitler ou Franco. A conclusión é ben sinxela: se Rajoy é fascista, Mussolini non podía ser tan malo como din. As palabras crean realidades, son a realidade. As cousas existen cando hai unha palabra para designármolas. Desprezar a palabra é desprezar a realidade. E por aí non paso.


P.S: Hoxe mesmo, na SER, un axente forestal que forma parte do equipo de investigación dos lumes asegurou que os métodos empregados polos incendiarios son rudimentarios, os de sempre, e que este ano non hai ningunha novidade respecto dos lumes doutros veráns. Se nalgún momento aparece algún elemento que permita falar de terrorismo incendiario publicareino en canto saiba del.

1 comentario:

  1. Anónimo6:15 p. m.

    un ¡ole!por los periodistas objetivos.enhorabuena

    ResponderEliminar

Compartir