17 de junio de 2006

Inobservada Roma

Deixara un tanto apartada a viaxe a Roma e mesmo esquecera que tiñamos un enderezo para intercambiarmos fotos.
Esta mañá puiden recuperar esta imaxe, que agradezo ó seu autor, Carlos Suárez. Fíxese o espectador no esforzo ximnástico do xornalista por recoller as palabras do embaixador. Claro que tamén puido levar o micro, como fixeron as compañeiras de Onda Cero e Cope. O de "inobservada Roma" vén a conto porque o guía, mexicano, empeñábase en facernos coñecer esa parte da cidade que, segundo el, pasa inadvertida para a meirande parte dos turistas. Quen seica non pasa "inobservado" é o ex alcalde porque, segundo el mesmo explicou, cando sae de visita oficial faise acompañar por dous axentes da Garda Civil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Compartir