12 de febrero de 2006

A saída de Francisco Vázquez da Alcaldía da Coruña

A saída de Francisco Vázquez da Alcaldía da Coruña confirma o cambio político en Galicia.
Non se trata tan só da renuncia dun rexedor logo de vintetrés anos no poder. A súa marcha supón o relevo definitivo da xeración de políticos que guiaron este país desde a Transición ata o século XXI. Porque antes de Vázquez tamén marcharon Xosé Manuel Beiras, primeiro, e Manuel Fraga, despois. Son as tres figuras indiscutibles da historia máis recente de Galicia: líderes carismáticos, de forte personalidade, con luces e con sombras, cunha fonda carga simbólica e cunha evolución ideolóxica -política cando menos- digna dun estudo comparado, a medio camiño entre a politoloxía e a psicoloxía. Emilio Pérez Touriño libérase dunha sombra -a sombra- e xa non terá que pedir desculpas para impregnar a súa acción de goberno do galeguismo que di defender; Alberto Núñez Feijoo ten o reto de construír un auténtico PP galego, moderno, de centro, que fuxa da radicalización do eixo que forman Rajoy, Acebes e Zaplana; e Anxo Quintana afronta a proba histórica do nacionalismo galego: demostrar que o que se reivindicou na pancarta soluciona os problemas do país. Ningún dos tres ten o carisma do seu antecesor, pero os tres teñen a obriga de que o amencer de mañá sexa mellor que o solpor de hoxe.

3 comentarios:

  1. Nom à especulaçom! Nom ao desenvolvimento selvagem. Nom ao capitalismo devorador. Losada, rei do tijolo. Aldeia de Eirís, zona verde. Visitade www.spaces.msn.com/aldeiadeiris

    ResponderEliminar
  2. Anónimo12:39 p. m.

    Tan só podo dicir que iupiiii! e aportar o dato de que a Roma pre-Vázquez xa está en obras.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Que conste que creo que los periodistas van a perder mucho sin Paco. Dudo de que Losada dé titulares con tanta chicha. Pero ya se verá

    ResponderEliminar

Compartir