27 de marzo de 2011

Da apertura do Pazo de Meirás

A apertura do Pazo de Meirás ó público é unha boa nova.
É certo que a meirande parte dos que acudiron e acudirán ás visitas guiadas non están interesados en comprobar os valores artísticos que levaron á Xunta a declarar as torres como Ben de Interese Cultural. Máis ben, a curiosidade e, por que non dicilo, o morbo de saber onde o dictador Francisco Franco pasaba o verán moven a activistas da memoria histórica, nostálxicos do réxime, veciños e curiosos a compartir por unhas horas o mesmo espazo. A apertura do Pazo de Meirás é unha boa nova, pero non chega. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica manexa un documento que viría a demostrar que o inmoble lle foi entregado a Franco en calidade de Xefe do Estado. É dicir, non foi un 'presente' para a persoa, senón para o cargo. Iso significaría que a propiedade debería recaer no Estado e non nos descendentes do dictador. Máis alá dese documento, a estas alturas parece claro que non houbo tal regalo do pobo da Coruña, senón que se impuxo unha especie de taxa que pagaron funcionarios, concellos e outras persoas e entidades coa que se financiou a compra do Pazo e a súa entrega a Franco. A apertura do Pazo de Meirás é unha boa nova se abre o camiño para a súa devolución ó pobo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Compartir