Insiste o presidente Touriño en que non haberá eleccións anticipadas en Galicia, pero os acontecementos políticos dos últimos días mostran a dirixentes que tensan a corda e que parecen querer abrir xa a longa carreira a monte Pío.
Equivocáronse os alcaldes do PP coas súas críticas, e mesmo descualificacións, ós acordos coa Vicepresidencia para a implantación da rede de galescolas. É sorprendente que un rexedor asine un convenio, para poñelo a parir transcorridos varios días. Pero equivocouse tamén Anxo Quintana coa súa resposta: é lexítimo que se defenda da censura e, especialmente, da descualificación, pero é reprobable que rache uns convenios supostamente beneficiosos para os cidadáns por ataques á súa persoa. Se me criticas, quedas sen galescola. Á marxe das consideracións legais, Quintana emprega os colexios infantís coma se fosen seus e non dos cidadáns. Equivocouse tamén o voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Ismael Rego, cando decidiu non acudir á reunión convocada por Quintana para falar de financiamento autonómico. Se o vicepresidente da Xunta convoca os grupos parlamentarios, a súa obriga é asistir a ese encontro, aínda que só sexa para dicirlle a Quintana que non están de acordo coa súa proposta. Dá a sensación de que os dirixentes políticos galegos están pensando máis nas eleccións autonómicas ca en resolver os problemas dos cidadáns. ¿En clave de país? En clave de partido.
Coincido contigo no que dís, estamos abocados as campañas electorais perpetuas, e os medos ao futuro afloran nos dous partidos. Aclarando que non son militante do BNG, sí creo que o tratamento mediático que se lle da a este partido deixou e deixa moito que desexar. O cal non é ningún eximente para disculpar a torpeza do vicepresidente Quintana... pero insisto, non me gusta o tratamento mediático que os medios de comunicación con máis presenza na cidadanía lle dan ao BNG, e creo ter motivos para sentir que este tratamento non é honesto. Só lembro as ocasións nas que a Conselleira de Cultura, por exemplo, tivo presenza nestos medios, e as valoracións que dela se fixeron sin deixar, en moitas ocasións, que explique as súas posicións suficentemente... ou as veces e o "tono" con que entrevistaban ao deputado Francisco Rodríguez 8cando o entrevistaban) ou incluso a Carlos Aymerich...
ResponderEliminarCarlos. A Coruña.
¿Qué opinas de lo de Eurovisión? Me refiero a lo de que nos represente el Chiki Chiki
ResponderEliminarMARCOOOOOOOOOS !!
ResponderEliminarQ TAL?º ME TENGO Q PONER AL DIA, CREO Q M HE PERDIDO MUCHOS CAPITULOS DE ESTE, TU BLOG, Y DE MUCHOS OTROS..
AISS, DEBERES DEBERES...
pd: no se q hacia yo escribiendo en mayuscula.....pero ahora me da pereza borrarlo ... menuda soy.... besos
Burbujita: cuando te pongas al día lo celebramos con esa copa que tenemos pendiente.
ResponderEliminarAntihéroe: creo que Buenafuente se ha pasado de frenada. Lo de colar al Chikiluatre en la previa de Eurovisión no deja de tener su gracia, pero una retirada a tiempo es una victoria. Para mi la clave del asunto es que los que han decidido al representante español en Eurovisión son, paradójicamente, los que detestan Eurovisión. Es como si la alineación del Real Madrid la decide Joan Gaspar. En resumen, lo que era una gracia más o menos ingeniosa terminará en el ridículo.