7 de marzo de 2007

Desagravio

Supoño que non será politicamente correcto empregar o blog de un mesmo para un acto de desagravio persoal, pero como aquí falo do que me peta e xa non teño posibilidade de retrucar no lugar da rede no que fun agraviado farei esta excepción.
A historia vén a conto dun comentario publicado nun foro de Vieiros, que xa non admite resposta, baixo o título 'A Ser volta a mentir'. Un tal Estevo das Estrivadas espeta: " O comentarista de seguer os mitins do BNG acredita que o BNG non encheu o auditorio da Fonsagrada...ollade isto logo:". O que seguía era unha imaxe extraída da web do BNG que mostraba un auditorio cheo no mitin de Quintana nas últimas autonómicas e o "comentarista" son eu. Manterei ata os meus derradeiros días que o salón de actos non estaba cheo. É máis, como se di no fútbol, non chegaba a tres cuartos de entrada. O da fotografía da web non merece máis comentario: é obvio que escolleron un plano no que non había sitios baleiros. A realidade é que o acto foi un erro na campaña de Quintana. Só había que verlles as caras ós 'fontaneiros' do BNG. Era un domingo pola mañá e á mesma hora ¡había feira no outro extremo da Fonsagrada! ¿A quen se lle ocorre, en Galicia, facer un mitin na outra punta o día da feira? Esa xornada requería algo de populismo: un paseo de Quin polos postos, saudando a veciños e comerciantes e unha mensaxe clara de defensa do interior de Galicia. Debo dicir, en todo caso, que aquel foi un dos poucos erros daquela campaña: orixinal, con mensaxes nítidas e contundentes, con ritmos medidos, e cos segundos xustos para os tempos da televisión. Algún día contarei o segundo erro de Quintana. Por certo, alguén saiu na miña defensa no foro de Vieiros: "Infórmate, Estevo, o comentarista da SER (Marcos Sanluis) non é precisamente anti-BNG, ou que padecese lavado de cerebro algún. Outra cousa é que estivera no certo". Pois sí, estaba no certo. Eu estaba alí.

6 comentarios:

  1. Ole por el defensor. Supongo, cambiando de tema, que ya sabrás esto: http://www.elpais.com/articulo/cultura/Shakira/regresa/Espana/directos/Granada/Torrevieja/Santander/elpepucul/20070307elpepucul_7/Tes

    ResponderEliminar
  2. Te atacan, Sanluis, y te revuelves como gato panza arriba. No sé para qué contestas. Sonche eses homes que prefieren unha fonte paartidaria á ollada de quen non quere máis que contar o que pasa. Porque, cando algo pasa, alí está a Ser. Non si?

    ResponderEliminar
  3. Témome que igual que no medio radiofónico debería Vde. escoller mellor algúns dos sitios que visita. Os foros de vieiros son... os foros de vieiros. Por que meterse aí co resto de cousas boas que ten Vieiros? Ou Chuza! ou...

    Saúde

    ResponderEliminar
  4. Nunca visito os foros de Vieiros. Eses comentarios atopeinos de casualidade nunha procura de Google.

    ResponderEliminar
  5. Qué ególatra!! Buscando "Marcos Sanluis" en Google!!!!

    ResponderEliminar
  6. Sí, iso me pasou cando probei en google se aparecía o blog.

    ResponderEliminar

Compartir