30 de agosto de 2006

Blogosfera: aquí non sobra ninguén

Leo en Galicia Hoxe que mañá é o día grande dos blogueiros.
Disque hai dous anos un israelí, Nir Ofir chámase, tivo a idea de que durante o 31 de agosto os autores de bitácoras en internet publiquen un artigo con referencias de, cando menos, outros cinco blogs, a poder ser de sensibilidades diferentes. O xornal publica unha ampla reportaxe sobre o asunto e entrevista o escritor Jaureguizar, quen deixa comentarios coma este: "é bo que haxa moitos blogs aínda que faltan sitios máis especializados para públicos distintos e sobra xente falando da súa vida". É posible que falten sitios especializados, como di el, pero aquí non sobra ninguén. A xente fala da súa vida, dos seus pensamentos, emocións, sentimentos, de actualidade internacional, do uso do granito na obra pública no norte da provincia de Lugo na década dos 70... do que lle peta! "Por que escribes un blog?", preguntoume alguén un día. "Porque ir ó psicólogo saíame máis caro".

3 comentarios:

  1. Anónimo4:46 p. m.

    Este é o mellor blog do mundo. Sen dúbida.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, tampoco es para tanto. Pero bueno tiene su aquel.

    ResponderEliminar

Compartir