Mostrando entradas con la etiqueta República Independente de Eirís. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta República Independente de Eirís. Mostrar todas las entradas

26 de noviembre de 2009

Chove en Eirís


Avenida de Monelos nun día de chuvia. Fotografías: Marcos Sanluis

6 de septiembre de 2009

Eirís: fin do verán

Vista nocturna del barrio de las Flores y la refinería de A Coruña. Fotografía: Marcos Sanluis

17 de marzo de 2008

Penamoa e Novo Mesoiro: avergonzado

Algúns dos veciños do meu barrio decidiron que queren unirse ás protestas dos residentes en Novo Mesoiro polo suposto traslado a estas dúas zonas da Coruña dos habitantes no poboado chabolista de Penamoa.

9 de abril de 2007

Novo amencer en Eirís

Amencer en Eirís. Fotografía: Marcos Sanluis

6 de marzo de 2007

Luz Pozo, en Eirís

A poeta Luz Pozo Garza ten dende hoxe unha rúa na República Independente de Eirís. Durante o acto de descubrimento da placa, a escritora salientou os vencellos de Galicia con Irlanda e mesmo situou as orixes do topónimo Eirís en Éire. Algún co que nos estivemos rindo (que teimaba en chamarlle Eiris ó lugar no que vivo) levaba máis razón ca un santo.

13 de febrero de 2007

Del túnel de Eirís

Fotografía: Marcos Sanluis
Tan sólo han pasado 16 años desde que se ideó el túnel de Eirís hasta que finalmente se ha abierto al tráfico (la imagen es de la salida por el barrio de Las Flores).

16 de septiembre de 2006

República Independente de Eirís: un ano máis tarde


Fotografías de Marcos Sanluis
Entre as dúas imaxes hai un ano por medio: o mesmo tempo que ten este blog.

18 de febrero de 2006

Eirís xa ten quen o defenda





A diferencia de España, "que no tiene quien la defienda", á República Independente de Eirís acaba de saírlle un valedor. Un grupo de mozos estase movendo para mostrar o seu rexeitamento á urbanización dunha zona que aínda conserva o arrecendo do rural e na que se abrirá o chamado Parque Ofimático. Do outro lado, seguen as obras. A aldea de Eirís pasará á historia.

(As fotografías están tiradas de Aldeia de Eirís)

8 de febrero de 2006

Eirís volve á terra

Fotografía: Marcos Sanluis
As xestións da Asemblea da República Independente de Eirís ante o Ministerio de Fomento deberon de dar resultado, porque, de súpeto, as máquinas invadiron de novo as obras cun ritmo frenético. Xa hai terra onde antes había asfalto.

20 de diciembre de 2005

Xa é Nadal en Eirís

Na casa nunca poño árbore de Nadal, pero os comerciantes da República Independente de Eirís sempre fan este esforzo por impregnar a esta nova Nación deste espíritu. Esteticamente é mellorable, pero hai que valorar a intención.

17 de diciembre de 2005

A República Independente de Eirís, desde o aire



Grazas a Google Earth, podemos observar como se ve a República Independente de Eirís desde o aire. A imaxe ofrece tamén os arredores da RIE porque no noso Estatuto de Nación non descartamos futuras anexións.

14 de diciembre de 2005

República Independente de Eirís. O que faltaba

Fotografía: Marcos Sanluis
Pois si, faltaba a grúa, pero velaí a tedes. Encántanme estes cacharros.

22 de noviembre de 2005

República Independente de Eirís. As obras, paralizadas

As obras do túnel na República Independente de Eirís levan varios días paralizadas, tal e como informa Elena González en El Ideal Gallego, sempre moi atento ás evolucións destes traballos. Segundo o xornal, a constructora está pendente de que o Ministerio de Fomento faga un pago pendente antes de continuar coas obras. O túnel e a ponte xa están rematados. Agora só falta que fagan as correspondentes estradas. O caso é típico en Galicia. Aquí podemos facer unha ponte que salve un río, por exemplo, pero outra cousa é que nos extremos haxa estrada que o faga útil.

16 de septiembre de 2005

República Independente de Eirís: 2 anos máis

As útimas, que non derradeiras, estimacións estiman (sendo estimacións non podían facer moito máis) que as obras na República Independente de Eirís (RIE, menuda gracia) durarán aínda dous anos máis, e xa remato cos incisos. Pero as dúbidas seguen sobre a mesa:
-¿Cubrirán realmente a parte que queda entra o túnel e a nova ponte?
-¿Cara onde vai esa ponte?
-¿Para quen serán esas viviendas públicas?
Seguiremos informando.

15 de septiembre de 2005

República Independente de Eirís: A nova Zona Cero

O barrio de Eirís, autoproclamado República Independente, segue en obras. É a nova Zona Cero.

Compartir